Description:Esta exposición ten un obxectivo claramente orientado a destacar o labor de Rosendo Salvado a prol dos aborixes australianos. Nela resáltase o talante decidido e arriscado do bieito galego nos seus primeiros contactos cos nativos, así coma o tacto, intelixencia e discreción con que realiza a inmersión na súa cultura e tradicións.