ebook img

Os dados do Reloxeiro PDF

162 Pages·2005·2.21 MB·Galician
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Os dados do Reloxeiro

maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 1 OS DADOS DO RELOXEIRO maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 2 Mariño Alfonso, Xurxo Os dados do reloxeiro : ciencia amena para mentes inquietas / Xurxo Mariño Alfonso. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2005. — 160 p. ; 23 cm : il. DL C-2424-2005 — ISBN 84-96530-05-1 1. Ciencia-Obras de divulgación. I. Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade. III. Título © DEBUXOS Xosé Lois González (O Carrabouxo) © TEXTOS Xurxo Mariño Alfonso © CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2005 Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santigo de Compostela Tel. 981 957202 Fax 981 957205 [email protected] Web: http://www.consellodacultura.org ISBN 84-96530-05-1 Depósito legal C-2424-2005 Imprime: Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela - Unidixital maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 3 OS DADOS DO RELOXEIRO CIENCIA AMENA PARA MENTES INQUIETAS Xurxo Mariño Alfonso CONSELLO DA CULTURA GALEGA SECCIÓN DE CIENCIA, TÉCNICA E SOCIEDADE maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 4 maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 5 ÍNDICE Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7 Prefacio . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 Para comezar, un bico . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 En busca do futuro e do pasado (evolución, filosofía) Manifesto en contra do misticismo . . . . . . . . . . . . . . . 21 Ciencia e relixión, amigos ou inimigos? . . . . . . . . . . . . 27 A r-evolución que está por vir . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 31 O sorprendente parentesco da familia humana . . . . . . 37 Tecnoloxía vs. Homo sapiens, amores e desamores (tecnoloxía, sociedade) Medicinas que non o son tanto . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43 Chega o deus LED iluminar os lugares anegados . . . . . 49 In-seguridade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 53 Xenes, ambiente e minas antipersoais . . . . . . . . . . . . . 57 De como un explosivo creou os premios Nobel, converteuse en medicamento, en contaminante ambiental e resultou ser un espertador . . . . . . . . . . . . 63 Un raio de son . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 69 maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 6 Seres máis ou menos humanos (bioloxía, psicoloxía, medicina) Fiquei paralizado de pracer . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 75 En busca de Matusalén . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 79 Un innovador e estresante descubrimento . . . . . . . . . . 83 Prións: máis alá do ben e do mal . . . . . . . . . . . . . . . . . 87 A memoria de cando non existimos . . . . . . . . . . . . . . 93 Puberdade, bacterias e xenética do acne . . . . . . . . . . . 97 O medio natural e Nós, matrimonios de conveniencia (ecoloxía) Axentes con dobre personalidade . . . . . . . . . . . . . . . . 103 Prohibido mexar substancias perigosas . . . . . . . . . . . . 107 Instrucións para ver mediante berros . . . . . . . . . . . . . 111 O magnetismo terrestre: faro, escudo protector e moito máis . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 115 Fillos do poder enerxético . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 119 O segredo da figueira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 123 A fábula da cigarra matemática . . . . . . . . . . . . . . . . . . 127 Ética e estética do lume . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 131 Enigmas do infinitamente grande e pequeno (física, cosmoloxía) Os sons imposibles da física teórica . . . . . . . . . . . . . . . 137 Breve posta ao día en cosmoloxía e outros asuntos do fogar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 141 O misterio da mecánica cuántica e a teleportación . . . 145 Cinco millóns de terrícolas á procura da música celestial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 151 A ecuación Drake para calcular compañeiros de Galaxia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 157 maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 7 PRESENTACIÓN Hai tempo que coñezo a Xurxo Mariño. Dende que era un estimulante alumno na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Si, hai ben tempo. Pero cómpre que diga por que penso que Xurxo era un alumno estimulante. Porque non lle bastaba coas explicacións que se lles daban na clase ao conxunto dos alumnos. Alí, no medio dela, levantaba a man e preguntaba sen reparo ningún. Era un deses rapaces que teñen a teima de preguntar, benditos eles, pois sempre son un estímulo para os profesores. Por eses mozos corre a inquedanza do saber e de profundar nos coñecementos, pois as súas preguntas son sempre do mesmo xeito: Por que? Para que? Como? Preguntas que, dende Aristóteles, veñen sendo o principal incentivo de calquera tipo de estudo e, mesmo, de investigación. Moitas desas preguntas non teñen resposta doada, cando a teñen, pero outras aínda agardan por ela. Velaí un dos obxectivos da ciencia: dar resposta ás teimas que presentan as nosas ansias de coñecemento e de explicación do noso contorno. Naquel tempo, Xurxo era un alumno mesturado coas inquedanzas cotiás dun rapaz da súa época: nin foi alleo ás novas expresións do pensamento ou da creación, nin aos coñecementos populares da súa terra. Hoxe Xurxo xa veu pasar o tempo mentres os soños de rapaz foron madurando. Agora, xa doutor en Bioloxía, é posuidor dun sólido currículo investigador, con amplas estadías en centros estranxeiros. Nunha destas estadías empezou a escribir unha serie de artigos de divulgación. Uns traballos interesantes posto que trata de temas en que máis dun ten cavilado. Pero trátaos con aquela delicadeza e aquel rigor propios de quen sabe do que fala e de quen sabe que a través dos máis maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 8 8 Os dados do reloxeiro sinxelos exemplos é posible acadar principios fundamentais do coñecemento. Agora recompila unha presada daqueles artigos para publicalos nun libro e ofréceme a honra de prologalos. É unha fermosa colección de reflexións persoais, escritas dende a óptica de quen pensou moito, pero ofrecidas cun exemplar tratamento divulgativo que aparece nas palabras empregadas e na forma das explicacións. Ao longo das vindeiras páxinas teremos a ocasión de ver reflectidas moitas cuestións propias da vida común, tratadas aquí dende unha óptica científica. Esa óptica que fai máis libre ao seu posuidor, a quen emprega eses criterios para intentar comprender o contorno. Lonxe dos antigos medos que proporcionaba a crenza en meigallos, Xurxo lévanos ao estado de tranquilidade propio de quen coñece os principios dos procesos que nos rodean. O autor dedícase á nobre función de divulgar, ese labor solidario que consiste en espallar arreo o coñecemento para que cada lector poida coñecer as causas naturais e reais dos mecanismos que configuran o contorno. Pero sempre cunha teima moi concreta: poñer os coñecementos ao alcance de cadaquén empregando palabras cotiás, exemplos accesibles, nunca baixando no rigor científico nin no nivel do coñecemento; facendo que os temas sexan comprensibles grazas á forma empregada para explicalos, nunca porque se desvirtuaran na súa natureza para que, daquela, fose máis doada a súa comprensión. Con estes ensaios, escritos para seren saboreados polos máis dos lectores, Xurxo únese ao pequeno número de divulgadores da ciencia en lingua galega. Oxalá, e sería unha ledicia que así ocorrese, tras os inicios feitos por este científico e outros poucos que se dedican hoxe en día á divulgación, cheguemos logo a un tempo en que a divulgación científica sexa un traballo cotián entre os moitos e bos investigadores da Galicia de hogano. Quero rematar cunha reflexión miña perante esta colección de ensaios. Como ten que ser, cada un deles é unha proposta para as nosas cavilacións persoais, para facermos xuízos, nunca dogmas. Lonxe das antigas imaxes de sabios que, por saber e monopolizar o coñecemento, eran posuidores do poder, o autor remata a maioría dos artigos cunha maqueta definitiva xurxo mariæo.qxp 17/10/2005 12:04 PÆgina 9 Presentación 9 lista de ligazóns por se o lector desexa afondar no coñecemento de cada caso concreto e ter opinións de seu. Xurxo nunca pensou que o coñecemento fose patrimonio duns poucos. Agora ten a oportunidade de dicir canto sabe a quen o queira escoitar. Emilio Valadé del Río

See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.