II.2.4. Poemas non recompilados 597 1 A M. Curros Enríquez Pregrina difunta que bota us soniños ó rente dos santos, cinguida de groria, aló á media noite, cando o moucho pía, pra apañar froliñas ergueuse da cova; 5 i á luz do Santismo, que bruxuleaba, sin facer barullo, no mandil xuntounas pecando de acexo, icousiña galana!, com'o rapiñeiro, que agrimado rouba. "Son da excelsa terra, -murmuxou quediño-, 1 0 ivenia ó gran poeta, que inda me recorda!"; i antes de que o_. Eterno se desperguizase..., coas frores no seo volveuse prá cova. Métrica Romance, 12 (-A-A) con rima en o-a. Edicións anteriores JNP, 134. ,Leva como datación final «Foz, 28-9-04»; poema composto con motivo da homenaxe que se brindou ao poeta Curros Enríquez na cidade da Coruña no mes de outubro de 1904; foi impreso nese ano en folla solta e recollido, xunto con outros, en JNP. Variantes e comentarios Tamén en 1908, con motivo da morte do autor de Aires da miña terra, Noriega lle dedicou outro poema: vid. M 12. 2.- d'os 3.- cand'o 4.- pr'apañar // d' a 5.- y-á 6.- n-o 7.- d'acexo 9.- d'a ^ Tamén usa o verbo n:urmuxar en PEX 1.17 (murmuxaban os regatos). 10.- benia // q u' i n d a . 11.- y-antes . 12.- c'o-as // n-o // p r a 598 Irmao: ^eu che axudo!, pousa tamaña cruz ond'a miña, partirémo-la fariña i a sal, inon teño outra cousa! 5 Vai ora en paz, suca a chousa, trolla, que é bon Dios, o rego i, ó cabo do ruín trafego, farto de penas e papas, i chámame pra ir ver as guapas, 1 0 que xunta na fía o cego! Métrica -- Décima, 8 (abbaaccddc). Edicións anteriores Coruña Moderna, Coruña, n° 44, 31.12.1905. Leva a indicación final de «Foz». Variantes e comentarios A edición deste texto é moi deficiente, pois está chea de erros evidentes, que procuraremos corrixir; sen dúbida son alleos ao autor. 1.- Hirmao // ch'ayudo A forma verbal ayudo é un erro de impresión claro; o autor nunca empregaría esta forma castelanizada do verbo, que non aparece en ningún poema. 3.- partiremo a fariña Tamén ^ aquí hai un novo erro; o máis probábel é que este se producise ao querer representar ^ a asimilación do artigo, polo que a trascribimos, aínda que tamén podería ser partiremos a fariña; o autor non segue ningún criterio especial para a representación ou non deste fenómeno de fonética sintáctica. 4.- y-a // ten'outra Aquí tería que estar escrito polo autor teñ'outra. 5.- suc'a 6.- qu'é Despois de sucar, hai que trollar ou 'achanzai a terra. 7.- y-8 // d' o En rutn débese contar unha soa sílaba para que o verso conte como octosílabo. 9.- ;chámame para ir á ver as guapas! Así o verso tería 10 sílabas, rompendo coa regularidade métrica da décima, feito insólito no autor, que é un magnífico versificador con pleno dominio dos metros e estrofas clásicos; . non se dan casos similares na súa obra, polo que recompomos o verso, deixando nas oito sílabas, que seguramente lle deu; ademais, emprega habitualmente a preposición pra, botando man de para cando precisa unha sílaba máis, caso inverso a este. 10.- n - a 599 3 Dios lles día ós que se van montes de ouro noutra terra, i a min os aires da serra e boa anada de pan; 5 se, en pasando de Gontán, non miden mellor o viño, desbravar quero un palmiño da Galicia, ^a probe mai!, que en tódolos sitios hai 10 cen leguas de mal camiño... M ri Décima, 8 (abbaaccddc). Edicións anteriores Galicia. Revista quincenal ilustrada, Madrid, n° 16, 15.3.1907; Mondoñedo, n° 105, 15.3.1907; El Eco de Santiago, Santiago de Compostela, 11.12.1907; ECA, 416. En G e ECA leva ao final a indicación «Foz». Variantes e comentarios Cfr. tematicamente con E 10: Os brañegos que se van... 1.- ll'es MD, ES // de a os que E S 2.- d'ouro G, MD, ES, ECA // n'outra G, MD, ES; n-outra ECA 3.- y-a G, MD, ES, ECA // d'a G, MD, ES 5.- en pasando G// si MD, ES Para Gontán vid. nota a M 5.8. 7.- tórneme sempre o cariño G 8.- de G; d'a MD, ES 9.- qu'en G, MD, ES, ECA // todol-os G, MD, ES // hay G, MD, ES, ECA 600 4 A un brañego iDeixa rodar o mundo!, ti procura imitar os teus pais, os teus avós; Dios éche santo vello, sirve a Dios, practicando o que manda o señor cura. A te-lo corpo forte e a alma pura limita, si eres cordo, as ambiciós; casa o teu corazón cos corazós, que proclaman da aldea a fermosura. Non é xente de honor_ a que te engaña; non digas que o que marcha a terra extraña, vai ben libre de verse en bravo apuro; i inda che hai quen de fame aló regaña! : cala, e come o centeo da montaña, Métrica Soneto, 11 (ABBA ABBA CCD CCD}. Edicións anteriores Mondoñedo, n° 81, 19.6.1907; El Eco de Villalba, n° 4, 1.4.1908; CPI. En MD 'e EV leva a indicación final «Foz». Variantes ^e comentario Soneto da suposta etapa redencionista do autor en Foz, que desprende conformismo e relixiosidade, de acordo coa liña ideolóxica do autor (vid. I.2.3). Igual que en E 10 e PNR 3, aborda con desconfianza e ironía o tema da emigración. 0.- En CPI non leva título. 2.- abós MD, EV, CPI 3.- sirv'á MD, EV, CPI 4.- practicand'o MD, EV, CPI 5.- tel'o MD, EV, CPI 7.- cas'o MD, EV, CPI // c'os MD, EV, CPI 8.- d'aldea MD, EV, CPI 9.- d'honor MD, EV; d'honrar CPI // t'engaña MD, EV, CPI 10.- march'a MD, EV, CPI 11.- grav'apuro MD; brav'apuro EV, CPI 12.- ch'hay MD, EV, CPI ^ 13.- d'a MD, EV, CPI 601 i amoléceo no leite, si está duro. 14.- y-amoleceo MD, EV, CPI 602 Tiña razón o que das zocas dixo que llas daban ó demo e non as quixo: o demo anda descalzo de pé e perna, ou con alparagatas se goberna. 5 Máis ^,que zocas lle daban?, ^das chinelas?, /,das cubertas, quizá? !Donde irán elas! Chairego, si ás que calzas non se chama, víñanme ben a min pra tripar lama. Hai que vivir na aldea e ver camiños; 10 imetinme nun rosal hastrci os fuciños! -Tu te-las zocas novas e aínda campas; as miñas xa fenderon i están lampas. -Chairego, ipago a parva, si me trocas polas miñas zoquiñas as túas zocas! 15 -Entérrome na lama hastra as orellas, itrócame as zocas novas polas vellas! Métrica 8 pareados, 11 (AA BB CC ...). Edicións ^ anteriores ^ Mondoñedo, n4 101, 8.10.1907; El Eco de Villalóa, n°.7, 1.6.1908. Variantes e comentarios 1.- d'as MD, EV 2.- Il'as MD, EV // non-as MD, EV 5.- d'as MD, EV 6.- d'as MD, EV 8.- Hay MD, EV // n'aldea MD, EV // camiñas E V 10.- hastr'os MD, EV 11.- tel-as MD, EV 12.- y-están MD, EV Para o adxectivo lampas aplicado a zocas algúns dicionarios recollen o significado de 'que están desferradas polo uso'. 14.- pol-as MD, EV . 15.- hastr'as MD, EV 16.- pol-as MD, EV 603 6 A miña filliña Paz Frol sinxeliña, frol éntre-las frores de grato arrecender, prácida esencia: es tu nos ermos tristes da existencia a que inda espalla no meu lar olores; 5 cando o fado feroz cos seus rigores contra min se encarniza, sin cremencia, unha defensa alcontro: itúa inocencia!, unha sola menciña: ios teus amores! Queira Dios, queira Dios, cousa galana, 10 que cando teña a cabeciña cana, xeado o corazón, airada a sorte..., Métrica Soneto, 11 (ABBA ABBA CCD EED). Edicións anteriores El Eco de Villalba, n° 25, 1.3.1909; CPI. En CPI consta que está tirado de Aurora, de Vilalba ( 1), que comezou a súa publicación en 1918. Variantes e comentario 0.- ^En EV, despois do título figura «De D. Antonio Bello, redactor de Vida Gallega» (2), polo que o soneto debeu ser composto a instancias deste xornalista, para llo dedicar á súa propia filla, pois o poeta non tivo ningunha con ese nome. 1.- entrel-as E V O contexto sintáctico non debía propiciar o uso aquí (éntre-las) da segunda forma do artigo; talvez sexa debido a contaminación con outras fórmulas, como tódalas, ámbalas, entrámbalas... 3.- d'a EV, CPI 4.- qu'inda EV, CPI // lar dores CPI A variante dores de CPI é un claro erro, pois rompe coa medida do verso e non encaixa no sentido do mesmo. 5.- cand'o EV, CPI // c'os EV, CPI 6.- s'encarniza EV, CPI 7.- defens'alcontro EV, CPI 8.- As similicadencias, que caracterizan a serie dos 21 sonetos de Do Ermo, tamén as podemos ver nestoutros correspondentes á primeira época do autor (vv. 7-$). 10.- teñ'a EV, CPI 11.- xead'o EV, CPI // airad'a EV, CPI 604 ioh, queira Dios que no me atope solo, sin a luz dos teus ollos pra consolo, ó verme casi inerte, frente á morte! 12.- m'atope E V 13.- d'os EV, CPI 14.- cas'inerte EV; casimente CPI // frent'á morte EV; frent'a á morte CPI
Description: